 |
|
Rúa Nova, 6 – 1º
15821 ARCA – O Pino
agxpt@telefonica.net
|
COÑECÉNDONOS
A NÓS MESMOS E AO NOSO MEDIO
NOME/TIPO |
XOGOS DIALOGADOS |
| DESCRICIÓN |
Trátase dun xogo dialogado
que, na súa primeira fase, debe ser realizado integramente
polo adulto. Como manifestamos noutros lugares, a medida en que
o estadio evolutivo o permite, adulto e neno/a poden alternarse
nas preguntas e nas respostas. Recitado:
- ¿Que hai naquel tellado?
- Un gato esfolado.
- ¿Que hai naquela artesa?
- Unha vella tesa.
- ¿Que hai naquela escaleira?
- Unha vella peideira.
- ¿Que hai naquela buratiña?
- Unha campaíña.
- ¿E como fai?
- ¡Tin, tilintín, tin, tilintín...!
|
| REGRAS |
O xogo pode acompañarse, chegado
o caso, de acenos que simbolicen os diferentes elementos que se van
presentando, sobre todo a campá. |
| OBXECTO DO XOGO |
Memorización. Repetición. |
| OBSERVACIÓNS |
Existen outros moitos xogos dialogados
no elenco lúdico popular. |
Volta ó catálogo |