 |
|
Rúa Nova, 6 – 1º
15821 ARCA – O Pino
agxpt@telefonica.net
|
APROPIÁNDONOS
DO MUNDO CON MÁIS ANOS
NOME/TIPO |
O VEXO VEXO |
| DESCRICIÓN |
Un xogador/a suxire algunha pista
sobre un obxecto que está ao alcance da vista de todos os
xogadores/as. Con preguntas que vaian concretando as pistas posteriores,
un dos outros xogadores/as chega o momento en que descubre de qué
obxecto se trataba. Recitado:
- Vexo, vexo...
- ¿Ti que ves?
- Vexo unha cousa que... (1ª pista;
p.e.: é de color...).
...
- (Pistas posteriores; p.e. ¿Empeza
pola letra...?, ou ¿serve para...?)
|
| REGRAS |
Se o obxecto en cuestión é
descuberto, o descubridor/a pasará a desempeñar o papel
de director/a do xogo propoñendo un novo obxecto, e viceversa. |
| OBXECTO DO XOGO |
Adiviñar de qué obxecto
se trata. |
| OBSERVACIÓNS |
Existen variantes da fórmula de
comezo. |
Volta ó catálogo |