Catálogo
Recursos
Entidades

 

Rúa Nova, 6 – 1º
15821 ARCA – O Pino
agxpt@telefonica.net

 

 

COÑECÉNDONOS A NÓS MESMOS E AO NOSO MEDIO

 

NOME/TIPO

A APRENDIZAXE DAS PARTES DO CORPO
DESCRICIÓN

O xogo é un recitado que obriga a ir tocando (e, xa que logo, diferenciando), as partes da cara. Nun primeiro momento, é o adulto o que realiza o xogo sinalando os diferentes elementos na cara do neno/a. Despois, o xogo levarase a cabo do revés, e mesmo o neno/a pasará a sinalar os diferentes elementos da súa propia cara. Recitado:

Este queixo, queixolán,
esta boca pide pan,
este narís, narisete,
este ollo pipirete,
este outro seu irmán,
esta frente, frentolán.

Variante:

Este queixo, queixolán,
esta boca pide pan,
este narís, pis, pis,
estes ollos, revirollos,
esta testa, testaruda...,
¡e este peliño de burra!

REGRAS O xogo, segundo a variante, remata cunha labazadiña na fronte do neno/a, ou cun pequeno tirón de pelos.
OBXECTO DO XOGO A repetición.
OBSERVACIÓNS Existe unha gran cantidade de xogos dialogados similares.

Volta ó catálogo