Catálogo
Recursos
Entidades

 

Rúa Nova, 6 – 1º
15821 ARCA – O Pino
agxpt@telefonica.net

 

 

APRENDENDO A ANDAR

 

NOME/TIPO

O ESCORREGADOIRO
DESCRICIÓN

O catálogo lúdico popular ofrécenos os escorregadoiros naturais, pequenas costas que posibilitan a oportunidade de se deslizar por elas. Estamos a falar aínda das idades máis miúdas e, xa que logo, non o contemplamos como xogo autónomo ou grupal, senón como actividade que o adulto lle pode ofrecer ao neno/a, participando con el na súa realización. Para que escorregar sexa máis fácil, os nenos/as que poñen en práctica este xogo soen sentar no pico da costa apoiándose nunha táboa ou nunha lastra que faga máis doada a actividade e que salvagarde, en palabras de Brandín, a cueira do pantalón.

REGRAS  
OBXECTO DO XOGO Escorregar costa abaixo.
OBSERVACIÓNS En galego recibe tamén a denominación de esvaradoiro.

Volta ó catálogo