 |
|
Rúa Nova, 6 – 1º
15821 ARCA – O Pino
agxpt@telefonica.net
|
Aprendendo a escoitar
e dialogar
NOME/TIPO |
CONTOS DIALOGADOS |
| DESCRICIÓN |
Trátase de simples recitados
que o adulto lle dirixe ao neno/a. Cando o estadio evolutivo deste/a
o permite, o xogo pode converterse nun diálogo entre adulto
e neno/a. Cada un deles, alternándose, verbaliza, neste caso,
unha estrofa. Recitado:
- Touporroutou,
que vou para Roma,
touporroutou,
por unha corredoira.
- Touporroutou,
¿que vas buscar?
- Touporroutou,
unha carga de sal.
- Touporroutou,
¿para que é o sal?
- Touporroutou,
para botarlles ás verzas.
- Touporroutou,
¿para que son as verzas?
- Touporroutou,
para darlles ás galiñas.
- Touporroutou,
¿para que son as galiñas?
- Touporroutou,
para poñer os ovos.
- Touporroutou,
¿para que son os ovos?
- Touporroutou,
para comelos todos
|
| REGRAS |
O xogo pódese acompañar
de acenos cos que se representen os elementos que van aparecendo no
recitado. O recitado pódese continuar coa invención,
sobre a marcha, de novas estrofas. |
| OBXECTO DO XOGO |
Na súa forma básica, simplemente
a escoita (e a memorización). En idades máis avanzadas,
repetición do recitado. Invención de novas estrofas. |
| OBSERVACIÓNS |
Existe unha gran cantidade de xogos dialogados
similares. |
Volta ó catálogo
|