 |
|
Rúa Nova, 6 – 1º
15821 ARCA – O Pino
agxpt@telefonica.net
|
APRENDENDO A ANDAR
NOME/TIPO |
OS CARRIÑOS
DE NABO |
| DESCRICIÓN |
Simbolizamos con este nome, non só
especificamente os carriños de nabo (ou remolacha) que noutros
tempos o adulto lle construía ao neno/a baixo a atenta mirada
(e participación nos momentos en que esta era posible) deste,
senón a todo tipo de enredos autoconstruídos que posibilitan
o movemento e, en definitiva o adestramento sensomotor do neno/a.
No caso que nos ocupa, o adulto (non exento de certa habelencia)
sérvese dunha cachola de nabo ou de remolacha para construír
un auténtico carriño do que o neno/a (evidentemente,
con xeito, dada a súa febleza) poderá tirar, cargando
e descargando as mercadorías que estime oportunas. Nos tempos
que nos tocou vivir, co carro desterrado das faenas agrícolas,
un coche e mesmo un tractor poden cumprir a mesma función
sempre que a habelencia do “construtor” o permita.
|
| REGRAS |
|
| OBXECTO DO XOGO |
Construír o carro, nun primeiro
momento. Despois, convertelo nun auténtico vehículo
no que se transportan mercadorías. |
| OBSERVACIÓNS |
|
Volta ó catálogo |