 |
|
Rúa Nova, 6 – 1º
15821 ARCA – O Pino
agxpt@telefonica.net
|
Aprendendo a escoitar
e dialogar
NOME/TIPO |
BURLAS E MENTIRAS
|
| DESCRICIÓN |
Trátase dun recitado que o
adulto lle ofrece ao neno/a repetidamente ao longo do tempo. Na
súa forma máis básica, o neno/a escoita, simplemente.
A medida que a idade e o estadio evolutivo o permite, o neno/a debe
ser quen de repetilo.
Recitado:
Xan Pirillán
dacabalo dun can;
o can era coxo,
tirouno nun pozo;
o pozo era frío,
tirouno nun río;
o río era branco,
tirouno nun campo;
o campo era roxo,
tirouno nun toxo;
o toxo picaba,
Xan Pirillán berraba
e o can escapaba.
|
| REGRAS |
O recitado permite a escenificación
dos acontecementos que relata. |
| OBXECTO DO XOGO |
Chegado o momento, ser quen de repetir
o recitado. |
| OBSERVACIÓNS |
Este recitado é un exemplo dos
xogos iniciáticos baseados en burlas e mentiras. Outros moitos
ofrece o folclore infantil galego. |
Volta ó catálogo
|