 |
|
Rúa Nova, 6 – 1º
15821 ARCA – O Pino
agxpt@telefonica.net
|
APROPIÁNDONOS
DO MUNDO CON MÁIS ANOS
NOME/TIPO |
AS ADIVIÑAS |
| DESCRICIÓN |
Simbolizamos, como noutras ocasións,
cun único exemplo o enorme catálogo de adiviñas
que nos ofrece a cultura popular galega. Obvio é dicir que,
no “xogo das adiviñas” un xogador/a proponlle
ao outro/a un recitado suxestivo sobre un obxecto, un animal, unha
cousa, unha parte do corpo..., sen nomealo expresamente. Trátase
de que o segundo xogador/a acerte de qué se trata. A solución
da adiviña que propoñemos é o galo. Recitado:
Barbouzán entrou por portas,
con trescentas follas postas,
trescentas follas e un ramo.
Non adiviñarás este ano
nin tampouco pró que vén,
agás que cho diga alguén.
|
| REGRAS |
|
| OBXECTO DO XOGO |
Adiviñar... |
| OBSERVACIÓNS |
Independentemente de que o número
de adiviñas creadas pola sabedoría popular sexa ilimitado,
as adiviñas tamén poden inventarse.xisten variantes
da fórmula de comezo. |
Volta ó catálogo |