Catálogo
Recursos
Entidades

 

Rúa Nova, 6 – 1º
15821 ARCA – O Pino
agxpt@telefonica.net

 

 

APRENDENDO A ANDAR

 

NOME/TIPO

A RODA. O CORRO
DESCRICIÓN

Presentamos este xogo clásico, nas súas variantes máis simples, como actividade favorecedora do adestramento motor e da coordinación do neno/a das primeiras idades. O xogo consiste, desde a perspectiva da que falamos, en que, ben a familia, ben un grupo de nenos/as dirixido por un adulto, fagan a roda e canten, ao tempo que realizan as accións que a propia cantiga vai demandando.Recitado:

Que ande a roda,
que ande a roda,
quero, quero, quero ver bailar.
Que dea a volta a roda,
que dea volta a roda,
quero, quero, quero ver bailar.
Sae a bailar, nena “hermosa”,
nena “hermosa”, sae a bailar,
que che quero ver a saia
que che comprou o papá.
Que ande a roda,
que ande a roda,
quero, quero, quero ver bailar.
Que dea a volta a roda,
que dea volta a roda,
quero, quero, quero ver bailar.

REGRAS Dado o grande número de cantigas de roda existente, debe terse en conta que en cada unha delas se esixen uns actos diferentes.
OBXECTO DO XOGO Andar en roda. Memorizar. Cantar. Cumprir as ordes.
OBSERVACIÓNS Existen innumerables cantigas de roda.

Volta ó catálogo