Catálogo
Recursos
Entidades

 

Rúa Nova, 6 – 1º
15821 ARCA – O Pino
agxpt@telefonica.net

 

APRENDENDO A ANDAR

 

NOME/TIPO

A CARRILANA
DESCRICIÓN

Este enredo é, en realidade, un “coche” autoconstruído. Presentámolo, non obstante, neste momento como xoguete que o adulto ofrece ao neno/a de curta idade prestándolle, incluso, o seu apoio para xogar con el. Neste estadio, logo, o xogo consiste, simplemente, en “viaxar” a bordo da carrilana.

REGRAS  
OBXECTO DO XOGO “Circular” coa carrilana.
OBSERVACIÓNS Este enredo debe ser valorado noutros estadios evolutivos desde a perspectiva da autoconstrución. Nin que dicir ten que os modernos coches de xoguete que permiten que o neno “conduza”, son iso, modernas carrilanas.

Volta ó catálogo